Proxecto Cofinanciado Programa Operativo 2014- 2020

xunta-igape-uinion-europea-galicia

 

PROXECTO COFINANCIADO POR IGAPE, XUNTA DE GALICIA E FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL DO PROGRAMA OPERATIVO 2014-2020

O proxecto de implantación do xestor documental DF-SERVER consistiu na inclusión dunha ferramenta de traballo para a xestión dixital da documentación e procesos internos da compañía.

O obxectivo principal era a obtención dunha localización de arquivo dixital centralizado que interconectase documentación dos departamentos: Técnico, Proxectos e Comercial para almacenamento e consulta en formato dixital con acceso seguro a todos os responsables de áreas e usuarios pertinentes.

O procedemento de arquivo automático realizouse cun sistema de identificación por recoñecemento de OCR zonal, conseguindo un almacenamento organizado da documentación por criterio “Cliente/proxecto” no repositorio documental. Á súa vez, a documentación almacenada transcorre a través dun proceso automático onde tamén se inclúe un proceso de renomeamento desta co dato “Nº de proxecto/OT”.

O resultado final conforma un arquivo organizado e indexado da documentación de proxectos con toda a documentación asociada a estos de forma vinculada e unha áxil e cómoda consulta desta documentación desde o propio xestor documental e os seus motores de búsqueda (con ata máis de 100 parámetros posibles) como traballando desde aplicativos externos, onde establecemos un sistema de botóns virtuais que fan “chamadas” á busca de arquivos no repositorio de DF-SERVER.

A complexión do devandito proxecto non tería lugar sen o apoio fundamental do organismo do Igape, a Xunta de Galicia e a Unión Europea a través dos Fondos Feder; unha importantísima e moi remarcable axuda para que as PYMES galegas podan trocar a súa xestión diaria a unha modalidade 100% dixital, que mellorará a optimización e axilidade de procesos internos, así como unha maior seguridade de almacenamento de arquivos de alta importancia e unha mellora notable na imaxe de empresa, ademais da implementación dunha metodoloxía de traballo respectuosa co medio ambiente.